![Acto de homenaxe a Xela Arias en Pontevedra, que misturou poesía e música](https://img.lavdg.com/sc/YsEUTg31qekg1JEjerNsLaOHkvc=/480x/2021/05/17/00121621275662550208355/Foto/i17y1057.jpg)
O rock era unha das paixóns da autora nada en Sarria e que fixo vida en Vigo
18 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.A choiva que o venres obrigou a adiar o espectáculo organizado pola Deputación de Pontevedra para homenaxear a Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) polo Días das Letras Galegas deu paso ao sol de onte en Pontevedra. Na praza da Ferraría da cidade tivo lugar o espectáculo poético-musical para lembrar a traxectoria de Xela Arias. O acto, con limitación de aforo pola situación sanitaria, estivo presentado polas regueifeiras Alba María e Lupe Blanco. Participaron, na parte poética, Tamara Andrés, Miriam Ferradáns, Regina Touceda e Elvira Ribeiro, e pola musical as bandas finalistas do certame X Xela, Tíbet 1990, Nacho Mora e Río Verdugo.