A libraría Paz de Pontevedra súmase á homenaxe a Lois Pereiro

PONTEVEDRA

05 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado, a libraría Paz de Pontevedra sumarase á homenaxe colectiva ao escritor e poeta Lois Pereiro para conmemorar o 25 aniversario do seu pasamento. Trátase dunha actividade expansiva con epicentro en Monforte, a localidade natal de Lois Pereiro, e réplicas en diversas aldeas, vilas e cidades de Galicia.

 A intención é reivindicar a figura deste autor a través de eventos presenciais de diversa índole en distintos lugares cun eixo común: o día e a hora. A homenaxe na libraría Paz e contará coa presenza de Ana Acuña, Lucía Novas, Malvares de Moscoso, Ramón Rozas, Tamara Andrés e Xaime Toxo.