Concerto de Samudra Trío no auditorio do Pardo Bazán de Sanxenxo

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

19 may 2023 . Actualizado a las 19:44 h.

Despois do concerto do venres cos alumnos de canto do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, Brian Artur Faro (tenor) e Julia Rodrigues Fandiño (soprano), acompañados polo pianista Alberto Vilas Alonso, a Escola de Música Municipal de Sanxenxo continúa este luns co seu ciclo de Música na Escola. Así, a partires das 19.30 horas no auditorio do Emilia Pardo Bazán e con entrada de balde, está programada a actuación de Samudra Trío con temas do seu disco Odisea, que saíu a luz en novembro do 2022.

O terceiro concerto e derradeiro deste ciclo será o 24 de maio coa Banda do Conservatorio de Música Manuel Quiroga, formación instrumental que se atopa comprendida dentro da materia de Banda e Orquestra.