O Cineclube de Bueu celebra o seu cuarto de século con catro filmes

PONTEVEDRA

CONCELLO DE BUEU

O Centro Social do Mar acollerá o venres a proxección de «Melancolía»

21 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo de catro semanas o Cineclub Bueu celebrará o seu vinte e cinco aniversario cunha escolma de filmes seleccionados por membros das anteriores xuntas directivas. Así, se este venres o Centro Social do Mar acolleu a proxección de Contos de Tokío, o vindeiro 26 de xaneiro exhibirase Melancolía. Posteriormente, o 2 de febreiro tocaralle a Eyes wide shut e, para rematar, Le Havre, o 9 tamén de febreiro. Os interesados poden asociarse ao Cineclub Bueu por unha tarifa de 15 euros anuais o primeiro membro da familia e 6 euros os seguintes,

Ademais, o municipio será o 25 de maio a sede da vindeira asemblea da Federación de Cineclubs de Galicia (Feciga), «á que acudirán representantes de distintos cineclubs de toda Galicia».