![](https://img.lavdg.com/sc/JPTw_-9IVQ__S9Y4wAE9PnGMhG8=/480x/2024/05/13/00121715609341501788422/Foto/S_20231120_140400000.jpg)
O acto enmarcase na conmemoración o sábado do Día Internacional dos Museos
13 may 2024 . Actualizado a las 19:15 h.No marco da conmemoración do Día Internacional dos Museos, que se celebra este 18 de maio, a Consellería de Cultura programou máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona. Visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro ou música son algunha das propostas que se poderán gozar ao longo desta semana en toda a comunidade.
No caso da contorna de Bueu, as actividades están focalizadas no Museo Massó de Bueu, onde os usuarios poderán gozar da experiencia virtual Galiverso nos Museos. Trátase dunha experiencia de realidade virtual que permite achegarse á colección artística, etnográfica e arqueolóxica conservada nos once centros que forman parte da Rede de Museos xestionados polo goberno galego.
![](https://img.lavdg.com/sc/Clo8nFkkc3j2I56-KC5WJUexCCo=/480x/2024/05/13/00121715609341814757971/Foto/S05A3053.jpg)
Deste xeito, «dixitalizáronse cunha alta precisión ata 27 obras de arte, restos arqueolóxicas e obxectos únicos que as persoas visitantes poderán ademais coller coas súas mans virtuais para observalas en detalle. Entre elas, atópanse algunhas das pezas máis significativas de cada centro, como a escultura do cabaleiro de Beade conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, un delicado bocado de bronce empregado nos arreos dos cabalos descuberto no castro de Viladonga, ou o astrolabio máis antigo atopado nas costas de Galicia, que conserva o Museo do Mar en Vigo», destacaron dende a Consellería de Cultura.