Mercado de clausura de DepoEmprende

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA

Pontevedra acolleu a iniciativa da Depùtación

12 jun 2024 . Actualizado a las 11:05 h.

A Deputación de Pontevedra clausurou este martes o curso 2023/2024 do programa provincial «DepoEmprende na Escola» cun mercado na Praza de Peregrina de Pontevedra no que participaron 250 nenas e nenos de Educación Primaria e Especial. Participaron 12 cooperativas dos 8 centros de ensino participantes, pertencentes a centros escolares de Cerdedo-Cotobade, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Tomiño, Tui e Vigo, que recibiron diplomas acreditativos da súa participación na actividade.

Os centros que asistiron ao mercado de clausura de “DepoEmprende” son: CEIP Carballedo (Cerdedo-Cotobade), coa cooperativa As cores de Carballedo 4.0; CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro (Gondomar), coas cooperativas Huellilandia e A nosa chuvia; Colegio Estudio (Nigrán), coa cooperativa Galicia Designs; ACEESCA (O Porriño), coa cooperativa O Mistral; CEIP Plurilingüe de Tebra (Tomiño), coas cooperativas Cosendo desexos e Agullas soñadoras; CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán (Tomiño), coa cooperativa Flocos tolos; CEIP Plurilingüe nº1 de Tui, coas cooperativas Rapazada creativa e EcoTui; e CEP Plurilingüe Igrexa Valadares (Vigo), coas cooperativas Agüita de coco e Pandilla patatilla.

A Deputación de Pontevedra impulsa “DepoEmprende”, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, na súa liña de apoio ao emprendemento. O programa concrétase na creación de cooperativas escolares nas que o alumnado se encarga de todos os pasos do proceso e, coa venda final, recupera capital e obtén beneficios dos que doa unha parte ás accións sociais ou ONG que as socias e socios elixen por consenso.