Este sábado, a partires das 12 horas, a Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu acollerá un acto poético no que participarán a poeta local Míriam Ferradáns e o tamén poeta Mario Obrero. Esta iniciativa desenvólvese no marco do programa de Afinades electivas, que organizan a Libraría Miranda e a Dirección General del libro, del cómic y la lectura.
No que respecta aos autores participantes, dende a Librería Miranda resaltaron que Míriam Ferradáns é autora dos poemarios Nomes de fume, Deshabitar unha casa ou Agosto, e mereceu diversos premios literarios, destacando o Francisco Añón de Poesía no 2016, o Pérez Parallé, o Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat, e no eido do xornalismo, o Lueiro Rey e o de Afundación.
Pola súa banda, precisaron que Mario Obrero comezou a escribir aos 7 anos e con 14 publicou o seu primeiro poemario, Carpintería de armónicos. Tamén escribiu os poemarios Peachtree City e Cerezas sobre la muerte.