El Samaín en la comarca: de elaborar adornos funerarios a unha pasaxe do terror e un rastrexo de cabazas

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

27 oct 2024 . Actualizado a las 10:32 h.

No caso do resto da contorna de Pontevedra, son distintos os concellos que organizan actividades polo Samaín. Así, en Cerdedo-Cotobade, a Banda de Música Unión Musical de Tenorio, en colaboración co Concello, organizan o 31 de outubro, a partires das 20 horas, o Rastrexo de Cabazas dende o Centro Sociocultural de Tenorio.

En Campo Lameiro, pola súa banda, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) desenvolve o 1 e 3 de novembro un obradoiro para a creación de adornos funerarios no que se poderá elaborar un colar de variscita e ámbar como o exposto no centro. De igual xeito, en Ponte Caldelas, a noite do 31 de outubro festexarán Samaín co tradicional TrucoTrato polos comercios, que repartirán lambetadas temáticas á rapazada, mentres que na Ludoteca desenvolverase a pasaxe do terror.

En Moraña, pola climatoloxía, aprazaron a Andaina do Terror ao 16 de novembro.