Unha cita inesquecible e terrorífica para grandes e pequenos na Finca de Briz de Marín
PONTEVEDRA
De novo, un dos puntos neurálxicos do Samaín na contorna de Pontevedra será a Finca de Briz, en Marín, que abrirá as súas portas ás 18.30 horas e con elas, e ata as 22 horas, poderase gozar, por unha banda, co Pequesamaín, que programou pintacaras, xogos infantís e en familia, e animación, así como o Baile das Zumbis (20 h.). E, por outra, coas Estacións do Medo que, nesta ocasión, porá en escena O convento do terror, O manicomio da morte, A cova do asustador e Cole, cole, que te pillo.
Ademais, desenvolveranse dúas rutas, a do Hotel Terror Cañeiro e do Taller Esquecido, así como os espectáculos Gritos, terror e loucura en Briz (19, 20.30 e 21.30 h.) e A serea das sombras, con pases ás 19.30 e 22 horas. Como ven sendo habitual o Samaín de Briz despedirase ata o ano que ven cun espectacular peche final.