
14 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Coa colaboración do Ateneo Santa Ceciclia, este xoves, a partires das 20 horas, na libraría Nobel de Marín desenvolverase a presentación de A discreta beleza dos tulipáns, de Eva Gutiérrez. No acto estará acompañando á autora viguesa a docente Susana Arizaga.
A opera prima de Eva Gutiérrez é unha escolma de relatos froito de, a raíz de traballar nun colexio de Infantil e Primaria, redescubrir o seu gusto por escribir e contar contos. «A partir de aí, participa en varios concursos de relatos e microrrelatos, onde obtivo algúns premios, e asiste a obradoiros literarios», destacaron dende a Editorial Galaxia.