Culturgal, un peche a ritmo de pandeireteiras

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

A Feira das Culturas Galegas aposta por clausurar a edición deste ano transmutada nunha sorte de romaría

01 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

«Imos recuperar o ambiente das romarías, a cultura debe ser sinónimo de alegría». Toda unha declaración de intencións do director do Culturgal, Camilo Franco, que será máis visible este domingo, xornada na que se clausura noPazo da Cultura de Pontevedra a edición deste 2024.

Así, a partires das 13 horas, programouse unha sorte de quedada popular vaixo o nome de Ven e Baila, iniciativa coordinada polo bailarín e coreógrafo Artur Puga. «Temos que recuperar o baile como expresión de cultura con iniciativas como esta para achegar á xente e que perda o medo, temos que divertirnos bailando», explicou o propio Puga, impulsor de Seisporoito, escola itinerante de baile tradicional, e bailarín das Tanxugueiras no Benidorm Fest.

Esta cita contará coa música da Asociación Folclórica O Fiadeiro e do grupo de música do Agadic, tendo en conta que, xa o venres e máis o sábado, levaronse a cabo «achegas ao baile, coa música do acordeonista Carlos Quintá, para os que queiran ensaiar algo», apuntou Artur Puga.

Peche da programación

Esta filosofía de transmutar o Culturgal nunha festa popular terá continuidad na cita que porá o broche á edición deste ano. Así, este domingo pola tarde, dende as 19 horas, desenvolverase Somos pandeireteiras. Despois da designación da Real Academia Galega das pandeireteiras como colectivo homenaxeado no Día das Letras Galegas, contarase con Bouba pandeireteiras,, Ana Romaní, María Reimóndez, Susana S. Arins, Andrea Nunes Brións e Mercedes Peón, en conversa con Selina Otero. Este acto estará introducido por Ana Boullón, da RAG.

A décimo sexta edición da Feira das Culturas Galegas que hoxe remata buscou potenciar «o seu carácter de escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. Sen esquecer que o gran protagonista é tamén o público que se achega á Feira das Culturas Galegas para coñecer de primeira man as novidades do sector», destacan dende a organización na súa web.