04 ene 2025 . Actualizado a las 13:43 h.
Ata este martes, a Deputación de Pontevedra mantén aberto no Museo o obradoiro Fabrica o teu xoguete, iniciativa enmarcada na exposición temporal É tempo de xogar. Deste xeito, calquera persoa que se achegue á mostra poderá fabricar o seu propio xoguete para levar á casa. Trátase dunha actividade de acceso libre e dispoñible durante todo o horario de apertura.