Os Bolechas atópanse cos axentes medioambientais

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

Cerdedo-Cotobade acolleu a presentación dun novo volume destas personaxes

05 feb 2025 . Actualizado a las 15:40 h.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o presidente da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga), Félix Pérez de la Fuente, presentaron o libro Os Bolechas visitan os Axentes Ambientais.

Esta obra promove no ámbito infantil a concienciación e o coidado do patrimonio natural referenciado en Cerdedo-Cotobade. A edición deste libro ten unha tiraxe de 3.500 exemplares que serán distribuídos, principalmente, entre as bibliotecas de Galicia e os centros escolares da Comunidade Autónoma.

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

O alcalde Jorge Cubela agradeceu o labor que desenrolan estes axentes e amosou o orgullo de que «este libro teña como zona xeográfica de actuación o concello de Cerdedo-Cotobade o que demostra tamén a importancia que para nós e para Galicia ten o traballo que o corpo de axentes realiza no noso municipio. Tamén é de ser loubado a aposta que fan polo noso idioma e pola promoción do seu labor entre a infancia».