Lectura colectiva de Rosalía de Castro no bar Verbena de Pontevedra

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

22 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco da conmemoración do Día de Rosalía, que oficialmente se celebra o 23 de febreiro, este sábado o Bar Verbena de Pontevedra, a partires das 12.30 horas, acollerá unha sesión vermú. O concelleiro Demetrio Gómez, quen estivo acompañado na presentación por Lucía Novas, da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG), Cynthia Menéndez e Elvira Jardón do colectivo O Fruto e a Serpe e Sara García Polo, do Verbena, invitou aos «asistentes a ler poemas das obras Cantares Galegos e Follas Novas. Está moi ben ler, pero tamén pasarse polo Verbena a simplemente escoitar este poemas marabillosos e seguro que ambientación que vai facer O Fruto e a Serpe, vai ser unha auténtica marabilla como xa o foi o ano pasado», engadiu.

Pola súa banda, a poeta Lucía Novas será a encargada de ler o manifesto que elaborou a escritora Marga Doval «entre a idea de reivindicación da lingua, da terra e tamén hai unha mención a Palestina».

Cynthia Menéndez e Elvira Jardón precisaron que «homenaxeamos a unha poeta morta para darlle o seu lugar xusto na literatura porque moitas veces estiveron infravaloradas, malinterpretadas...».