
22 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Como «unha verdadeira festa da camelia que exportamos desde as Rías Baixas a todo o mundo» definiu Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, a sesenta edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia que se desenvolverá ao longo desta fina de semana no recinto feiral de Pontevedra. O programa comeza estar tarde, ás 18.30 horas, coa inauguración do certame e unha hora máis tarde terá lugar a entrega de premios, na que a Deputación repartirá 5.000 euros en seis categorías para recoñecer o labor dun total de 26 produtores.
De cara ao domingo, están previstos obradoiros e xogos infantís e unha degustación de té de camelia seguida dunha demostración culinaria.