Docentes e graduados de Belas Artes expoñen as súas «Pinturas negras» no Museo de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

22 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle dende este venres e ata o 6 de abril a mostra Pinturas negras, exposición composta por obras de trece artistas que exercen a docencia ou se graduaron na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Tal e como indica o título, as obras expostas teñen como eixo a cor negra e todas as súas posibilidades formais e simbólicas, tomando como referencia a coñecida serie de Goya.

Deste xeito, exhíbense unha selección de pezas asinadas por Acacia Ojea, Alejandra Pardo, Araceli Liste, Erik Balbuena, Fernando Casás, Fruela Alonso, Juan Loeck, Juan Rivas, Julia Huete, Lúa Gándara, Miguel Teixeira, Mónica Cabo e Sol Mussa. Son obras «de xéneros moi diversos, que van do debuxo e a pintura á arte sonora, pasando polas instalacións e a escultura, unidas pola cor negra», destacaron con respecto a unha iniciativa comisariada por Ignacio Pérez Jofre e Sandra MG.