Ofrenda floral e degustación de «Caldo de Gloria» en Marín polo Día de Rosalía de Castro

PONTEVEDRA

A Biblioteca Municipal de Marín conmemorou este venres o Día de Rosalía de Castro
A Biblioteca Municipal de Marín conmemorou este venres o Día de Rosalía de Castro CONCELLO DE MARÍN

23 feb 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Se este venres foi a Biblioteca Municipal de Marín a que conmemorou o Día de Rosalía de Castro, este domingo será o BNG desta localidade pontevedresa o que desenvolva unha serie de actos para celebrar o aniversario do seu nacemento. Deste xeito, a Alameda Rosalía de Castro acollerá a partir das 18.30 horas unha serie de actividades culturais para lembrar e por en valor a figura da escritora.

A programación iniciarase cunha ofrenda floral en memoria da autora de Follas novas, seguida da lectura dalgúns dos seus poemas máis representativos, actos amenizados polas pandeireteiras de A Veiguiña. Ademais, a partires das 19.15 horas poderase degustar o tradicional «Caldo de Gloria» na Praza da Veiguiña (sede do BNG).