Presentación de «Asasinato na casa Rosa» no Museo Torres

PONTEVEDRA

SANDRA ALONSO

01 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado, ás 12 horas, o Museo Manuel Torres de Marín acollerá a presentación de «Asasinato na casa rosa», de Arantza Portabales. Acompañará á escritora donostiarra a xornalista Susana Pedreira. «Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara e Araújo», destacaron dende Galaxia.