O Teatro Principal de Pontevedra acolle un concerto tributo á lenda do jazz Jaco Pastorius

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTEVEDRA

05 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Seminario Permanente de Jazz (SPJ), en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza unha nova edición de Jazz no Principal, ciclo de concertos iniciado no 2004, Na súa presentación, o concelleiro Demetrio Gómez, lembrou que este estilo musical está integrado na cidade de Pontevedra grazas ao traballo do SPJ, o que permite achegar até a veciñanza concertos do máis alto nivel, «para gozar da música e da arte dun xeito distinto (...). Pontevedra só pode agradecerlle o traballo a este colectivo».

O primeiro destes concertos, unha homenaxe ao lendario músico Jaco Pastorius a través dun concerto tributo da man de Tomás Merlo e o SPJ-Group, desenvolverase hoxe, a partires das 21 horas, no Teatro Principal. Posteriormente, o 12 de abril, tocaralle a queda a Pablo Martín Caminero e o SPJ-Group.

A entrada xeral para ambos espectáculos terá un prezo de 3 euros, e poderá adquirirse unha hora antes da apertura de portas, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.

Desde a organización do evento lembran que o baixista mallorquín Tomás Merlo e o contrabaixista

vasco Pablo Martín Caminero son referentes do jazz actual peninsular, estando acompañados

nesta ocasión por novos valores do jazz galego, xerando concertos únicos.