
03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Ata o 30 de maio está aberto a prazo para participar no segundo Certame de Pintura Otero Baena para artistas noveis que desenvolve o Concello de Bueu para «contribuír a promover a creación artística ao tempo que se dá a coñecer a figura do artista local José Benito Otero Baena». As mellores obras formarán parte dunha exposición na Sala Amalia Domínguez Búa desta localidade.
Este certame vai dirixido a todos aqueles artistas noveis, maiores de 18 anos, cuxa obra presentada terá que ser inédita e orixinal. A temática será de libre elección e admitirase calquera técnica de pintura, cunha medida máxima do soporte dun metro de ancho por un metro de alto. Os traballos poden presentarse de forma individual ou colectiva.