Un ciclo de concertos porá a banda sonora ao Día das Letras Galegas en Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

12 may 2025 . Actualizado a las 23:04 h.

O Día das Letras Galegas tamén é sinónimo de música na cidade de Pontevedra. Deste xeito, e baixo a denominación de En Galégate!, o vindeiro 17 de maio desenvolverase un ciclo de concertos en distintos puntos e locais do casco histórico.

As actuación arrincarán ás 12.30 horas no Campillo de Santa María con Raposa e Carlos Castro para continuar, unha hora máis tarde, en El Chato Bar con Montedapena. Este mesmo espazo, pero xa a primeira hora da tarde (17 horas) será o escenario para a actuación de 9Louro.

O último dos concertos desta xornada festiva e reinvidicativa regresa a un espazo tan emblemático como é o Campillo de Santa María da man de Duendeneta Dilleis. En Galegate! «é un pequeno ciclo en galego polo Día das Letras Galegas», destacou Marcos Rivas.