Joaquim Ventura presenta «As máscaras dos homes de Nós» en Pontevedra

PONTEVEDRA

15 may 2025 . Actualizado a las 19:15 h.
«Se en O nacionalismo kármico de Vicente Risco, Joaquim Ventura profundou nas orixes e nas bases da teoría nacionalista do polígrafo ourensán, en As máscaras dos homes de Nós analiza os textos autobiográficos do grupo impulsor da revista». O vindeiro 28 de maio, ás 19.30 horas, Joaquim Ventura, quen estará acompañado por Álvaro Lago, presentará na Fundación Cuña-Casasvella de Pontevedra o seu novo libro, As máscaras dos homes de Nós.
Natural de Barcelona, os campos de investigación de Joaquim Ventura «son, preferentemente, a literatura galega (medieval e contemporánea) e o xénero negro e criminal».