Cerdedo-Cotobade, Caldas ou Moraña anticipan os festexos polo Día das Letras Galegas

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

BIBLIOTECA DE MORAÑA

15 may 2025 . Actualizado a las 18:57 h.

Con ocasión da conmemoración este sábado do Día das Letras Galegas, distintos concellos da contorna de Pontevedra adiantaron a este venres as celebracións. É o caso de Cerdedo-Cotobade, onde a partires das 20 horas renderase tributo ás Cantareiras de Barro de Arén no Centro Cultural de Cerdedo.

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

Tanto o alcalde Jorge Cubela como o conductor do acto, Rubén Troitiño, gabaron o labor de conservación e posta en valor que estas mulleres fixeron para manter vivo o patrimonio inmaterial das cantigas populares galegas ata os nosos días. No transcurso desde acto, ademais proxectarase un vídeo sobre as Cantareiras de Barro de Arén e farase entrega dun ramo de flores ás familias destas mulleres que mantiveron viva e acesa a chama das cantigas populares galegas. Está prevista a actuación de varios grupos folclóricos do municipio.

BIBLIOTECA DE MORAÑA

Pola súa banda, en Moraña desenvolverase unha nova sesión do ciclo Teatro nas Letras coa programación dunha actuación de Leti da Taberna que interpretará, ás 21 horas, o seu monólogo Enredada. Ademais, a Biblioteca Municipal organizou unha exposición vinculada ao Día das Letras Galegas.

En Caldas de Reis celebrarase a once Festa da Lingua que organizará da man de Terras do Umia na Tafona a partires das 11 horas. Neste espectáculo escolar aberto ao público actuará o grupo Tanxugueiras.

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

O tenente de alcalde Manuel Fariña e o coordinador da festa, César Longa, destacaron que se van xuntar arredor dun milleiro de escolares cos seus equipos docentes, nunha xornada na que haberá música, cancións, lectura de poesías, microrrelatos e incluso monólogos. Entregaranse tamén os premios dos concursos de creatividade.