
18 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Esta fin de semana desenvolvese o XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares no Pazo da Cultura coa participación de vinte agrupacións de toda Galicia, así como de Castela e León, Portugal e Colombia, na que será a edición máis multitudinaria dos últimos anos. Deste xeito, os colectivos que se subirán ao escenario agrupan máis 1300 instrumentistas, con idades comprendidas entre os seis e os 87 anos.
O concurso arrancará ás 10 horas coa sección infantil, na que compiten a Banda Infantil da Unión Musical de Meaño, a Banda Infantil da EMM de Veguellina de Órbigo (León) e a Chikiband 2.0 de Xinzo de Limia. A continuación, será a quenda das agrupacións xuvenís.