Mulleres no Foco recoñecen a traxectoria de Beatriz Legerén, Lucía Veiga e Silvia Fuentes

Alfredo López Penide
L. PEnide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

20 oct 2025 . Actualizado a las 10:18 h.

«Hai máis mulleres no foco que antes? Coido que todas estariamos de acordo en que si, en gran medida grazas a iniciativas como esta da Deputación en alianza con CIMA. Celebrémolo, porque non é para menos. Logo, claro, veñen os matices. É un si insuficiente, un si fráxil, un si que nace de esforzos e sacrificios das que viñeron detrás e un si que ningún actor ten que celebrar porque naceu con el». Esta foi a reflexión que este venres realizou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, no transcurso da gala dos premios Mulleres no Foco, que na súa quinta edición recoñeceu ás profesionais do audiovisual Beatriz Legerén, Lucía Veiga e Silvia Fuentes.

Ramón Leiro

Ramón Leiro

Ramón Leiro

Neste certame, amenizado pola música de Guadi Galego e Margarida Mariño, López deixou claro que «aquí hai un só protagonismo, o das mulleres no cinema; un só foco, o voso; e unha soa causa, a da visibilidade feminina na pantalla. Os demais somos puro atrezzo. Espectadores afortunados dos vosos logros e conquistas».

Ramón Leiro

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, José López Campos, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, felicitou ás galardoadas persoalmente e lembrou que a participación feminina é un dos criterios que se teñen en conta nos baremos de valoración para optar ás subvencións convocadas pola Xunta para a produción e coprodución de filmes. De igual xeito, incidiu no feito de que son precisamente mulleres directoras as responsables de moitos dos maiores éxitos do audiovisual galego máis recente.