O Museo de Pontevedra acolle un concerto coas pezas para piano de Xoán Montes, o autor da canción «Negra sombra»
PONTEVEDRA
Este sábado, a partires das 19 horas, a Deputación de Pontevedra organiza no Edificio Castelao un concerto que recupera as composicións para piano de Xoán Montes. A actuación dos pianistas Javier Ares Espiño, Jorge Briones Martínez e Pablo Diago Busto será a última dunha serie de concertos por diferentes localidades galegas nas que interpretan as obras para este instrumento do considerado como un dos grandes compositores do Rexurdimento galego.
A produción para piano de Xoán Montes é a parte máis descoñecida do seu catálogo, mentres que os tres protagonistas deste proxecto contan con sólidas traxectorias artísticas e consolidadas como referentes na recuperación e posta en valor da música galega dos séculos XIX, XX e XXI.
Xoán Montes é o autor da canción Negra sombra e foi recoñecido pola súa música sacra e as súas composición para coro e orquestra. Con estes concertos quere recuperarse a súa faceta máis lúdica e revivir o seu paso polos cafés-concerto da cidade de Lugo. O concerto desenvolverase en dúas partes e nel soarán habaneras, mazurcas, valses ou polcas, así como composicións para interpretar a catro e a seis mans.