18 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Nos vindeiros días a fotografía, a danza e a música cobran o protagonismo na cidade.
Exposición
Mércores • 19 horas • Casa das Campás • O Ateneo de Pontevedra organiza a exposición fotográfica comentada Fitadas dun cego, presentada polo fotógrafo Xosé Manuel Albán. Entrada libre.
Recital
Mércores • 20.15 horas • Teatro Principal • O Brumario Poético organiza o recital poético e de danza Artemisa / Diana. Llanto de Níobe con Jeannette Feal e Jorge Bramajo.