Diversas actividades reivindican en Pontevedra o legado de Castelao

PONTEVEDRA

22 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo da xornada deste sábado, distintas actividades reivindicarán a vixencia do legado de Castelao.

Ás 19 horas, a formación de música clásica e contemporánea Lucus Ensemble ofrece no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra o concerto Percorrendo Castelo, que se articula como un percorrido musical que segue o itinerario vital do galeguista. Así, a música complementase por narracións da súa biografía e proxeccións.

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Pola súa banda, e por primeira vez, o Teatro Principal acollerá dende as 10 horas a quinta Xornada de Historia, que organiza a CIG e que ofrecerá «unha visión ampla da figura de Castelao, tratada desde diferentes ámbitos e dunha maneira moi orixinal», precisou Demetrio Gómez.