Enmarcada na conmemoración do 25N ou Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Museo Massó de Bueu expón ata o vindeiro 31 de decembro do 2026 a mostra temporal Os Desastres da Guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra.
Dende a Xunta precisaron que «nesta exposición de Unha peza singular móstrase o exemplar desta serie de gravados de Goya que forma parte da colección do museo. A partir da selección de estampas nas que o artista nos deixa un cru testemuño gráfico das violacións que sufrían as mulleres por parte dos soldados, queremos denunciar a actualidade destas imaxes acompañándoas con titulares de prensa de horrores semellantes nas guerras recentes».
Os desastres da guerra son uns gravados que Goya realizou entre 1810 e 1815: «É unha reportaxe gráfica sobre a barbarie, a crueldade, o fanatismo e o terror que en 2025 segue de actualidade».