O día no que as estacións de servizo celebran a súa patroa, desenvólvense toda clase de actividades culturais na contorna de Pontevedra.
Literatura
Hoxe • 19.30 horas • Cronopios • Susana Pedreira entrevista a Miguel Ángel Cajigal Vera, El Barroquista, que vén presentar o seu novo traballo Otra historia de la música no que invita a reflexionar sobre a música como unha linguaxe universal que conecta o humano no seu máis amplo sentido: emocións, identidade e cultura.
Literatura
Hoxe • 19.30 horas • Libraría Paz • A escritora Raquel Piñeiro presenta o seu libro Un país en la pantalla. España a través del cine y las series (Ed. Planeta). Estará acompañada por Daniel Lorenzo. Desde Planeta reseñan que «la verdadera protagonista de este libro es España y sus escenarios cinematográficos y televisivos».
Gastronomía
Hoxe • 20.30 horas • Centro Social do Mar • A bióloga do Grupo Micolóxico Galego, María Cristina García-Echave Puente, clausura as XXVI Xornadas Micolóxicas que organizan o Concello de Bueu e a Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro cunha mesa sobre fungos entomopatóxenos.
Saúde
Hoxe • 10 e 17 horas • Sala Valdecorvos da Casazul • A Escola de Saúde Pública (ESP) de Pontevedra propón o obradoiro de musico-terapia Ximnasia para o cerebro, que estará guiado por Pedro Campos, creador do método Percuterapia, mentres que, xa pola tarde, Patricia Barba Gómez, técnico superior en hixiene buco-dental e prótese dental, ofrecerá o relatorio Saúde buco-dental, porta de entrada á saúde en xeral.
Festividade
Hoxe • 14 horas • Hotel Carlos I Silgar • A Asociación Provincial de Empresarios de Estaciones de Servicio de Pontevedra (Aeesp) celebra a súa festividade anual en Sanxenxo cun xantar de confraternidade ao que asistirán, entre outros, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, ou a directora xeral de Estratexia Industrial, Margarita Ardao. Previamente, ás 13 horas, oficios relixiosos na igrexa de San Xinés.
Exposición
Ata o 21 de decembro • Consultar horarios • Museo Manuel Torres de Marín • Mostra das actividades desenvolvidas polas AAVV San José de Cantodarea e Virxe do Porto durante este ano en campos como o patchowork, labores, pintura, manualidades...