Cerca de corenta títulos optan ao Certame de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O escritor Ramón D. Veiga gañou a primeira edición do Premio Jaime Olmedo Limeses de Novela Infantil coa súa obra «Pernascochas»
O escritor Ramón D. Veiga gañou a primeira edición do Premio Jaime Olmedo Limeses de Novela Infantil coa súa obra «Pernascochas» Luis Alberto Prieto

O gañador farase público o 17 de xaneiro, mentres que o acto de entrega terá lugar o Día das Letras Galegas no Museo de Pontevedra

11 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Un total de trinta e sete obras optarán á segunda edición do Certame de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses, que impulsa a empresa pontevedresa Avigal e Antela Editorial. Este premio está dotado con tres mil euros e a publicación da obra, de tal xeito que o gañador farase público o 17 de xaneiro, mentres que o acto de entrega terá lugar o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no Museo de Pontevedra.

Esta segunda edición, «creada para seguir impulsando a cultura galega, a nosa lingua e a literatura infantil, consolida o éxito da iniciativa», destacaron dende Antela Editorial. Tanto esta firma como Avigal agradeceron «a todas as persoas participantes polo seu traballo e creatividade, que contribúen a fortalecer o panorama da literatura infantil galega e a sementar novas historias destinadas aos nenos».

Segue aberta ata abril, por outra banda, a convocatoria do Concurso de Relato Infantil Jaime Olmedo Limeses.