A Fundación Manuel Moldes de Pontevedra acolle un obradoiro cinematográfico de stop motion

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

José Méndez | EFE

Estará dirigido por el artista Borja Guerrero

13 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco do ciclo Tecendo redes, que se realiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra para fortalecer os lazos e crear sinerxías entre o mundo da arte e a sociedade, a Fundación Manuel Moldes acolle este sábado (18.00 horas) o obradoiro Obxecto animado. A maxia do stop motion. Trátase dun taller centrado nesta técnica cinematográfica a cargo do artista Borja Guerrero.

Dende a fundación destacaron o feito de que o obradoiro coincide co pulo cinematográfico da cidade con Novos Cinemas e os Premios Feroz, ademais da recen estreada mostra na propia Fundación Manuel Moldes. A actividade é de balde, pero requírese inscrición previa en info@fundacionmanuelmoldes.org.