Malasombra representa «Bernarda» en Moraña

PONTEVEDRA

MALASOMBRA PRODUCIÓNS

O espectáculo enmarcase no ciclo +Escénicas

08 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra leva este domingo, a partires das 20.00 horas, o circuíto +Escénicas a Moraña da man da compañía de teatro Malasombra, que representará Bernarda no Edificio Multiúsos. Esta actuación enmarcase na segunda edición desta iniciativa provincial que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Bernarda é un espectáculo pensado para un público adulto que parte da obra La casa de Bernarda Alba, escrita por Lorca en 1936, pero levada a unha vila de Galicia en 1975 e durante o día no que morre Franco. A peza presenta a Bernarda, unha viúva que impón un rigoroso loito ás súas fillas mentres a sociedade comeza a cambiar.