As actividades arrancarán ás 11.00 horas
23 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Combarro vivirá, dende ás 11.00 horas, a xornada principal do Día de Colón despois de que onte arribase a Nao Santa María con Cristóbal Colón e a súa tripulación a Praza da Chousa, espazo que este sábado acollerá obradoiros demostrativos de canteiros, cesteiras, palilleiras e redeiras, ademais de clases de esgrima medieval e mercado artesanal. O outro epicentro é a praia do Padrón.