O que fora o primeiro alcalde democrático da capital provincial, José Rivas Fontán, participará nunha conversa interxeracional
25 sep 2026 . Actualizado a las 17:04 h.Este venres, o deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, e o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela José Julio Fernández Rodríguez presentaron a conversa 50 anos da Transición española. Esta iniciativa, que organiza a Deputación de Pontevedra, está previsto que se desenvolva o próximo mércores 30 de setembro, a partires das 20.00 horas, no Museo de Pontevedra.
Con acceso de balde ata completar a cabida, nesta conversa, que se desenvolverá no vestíbulo do Edificio Castelao, está previsto que participen distintas xeracións de interlocutores. Así, ademais do propio Fernández Rodríguez, contarase coa presenza confirmada de José Rivas Fontán, quen fora o primeiro alcalde democrático de Pontevedra, cargo ao que accedeu en 1979 por UCD e non abandonou ata 1991, militando xa nas filas do PP. Ademáis do tamén exdeputado nacional ata que abandonou a vida política activa no 2004, intervirán neste coloquio centrado na Transición dous estudantes universitarios, concretamente, Irene Curty Novoa e Rodrigo García Seco.