Nova edición do programa «Música a flor de pel» de Afundación

PONTEVEDRA

AFUNDACIÓN

Coa participación dos distintos centros de educación galegos, ente eles Amencer Aspace de Pontevedra, arranca este luns unha nova edición de Música a flor de pel. Trátase dun programa de microconcertos, de tal xeito que a música «convértense nun canal de comunicación non verbal que permite expresar alegría, sorpresa, tranquilidade ou entusiasmo, mesmo cando existen barreiras na linguaxe. Unha ferramenta terapéutica e educativa que conecta ás persoas participantes coas súas emocións, cos demais e co seu propio corpo, abrindo unha porta á inclusión e á participación activa na vida cultural», destacou Marta Gefaell, coordinadora deste programa de Afundación.