O Multiusos da Lama inaugura a exposición fotográfica «Outras miradas do Suído»
A LAMA
A mostra está composta por sententa imaxes realizadas polos participantes neste proxecto
14 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Aproximadamente setenta fotografías compoñen a mostra Outras miradas do Suído que onte se inaugurou no Edificio Multiusos do Concello da Lama. Estas imaxes son unha escolma das tomadas polos participantes na última edición do proxecto Laboratorio da paisaxe que se desenvolveu a fin de semana do 26 de outubro en Fornelos de Montes, A Lama e Covelo.
«Estes procedían de distintos puntos de Galicia, de Noia, de Ribadavia, de Ourense, de Compostela, de Pontevedra, de Vigo e de Barro», de tal modo que entre todas as que se fixeron «escolleron entre todos as que máis lles parecía que representaban o que ali pasara, tanto das actividades como das paisaxes que se atoparan», engadiron dende a organización.
A exposición, pódese visitar ata o 23 de novembro, complementase cun vídeo resumo desta edición de Laboratorio da pasaxe, de tal xeito que os visitantes disporán dun código QR na mostra para poder visualizalo.