O Mago Teto leva o espectáculo «As nosas letras» ao CEIP A Lama

A LAMA

ALBERTO LÓPEZ

11 may 2025 . Actualizado a las 13:27 h.

Este martes, a partires das 11 horas, a Deputación de Pontevedra leva o circuíto +Escénicas ata o CEIP A Lama da man do Mago Teto e o espectáculo infantil As nosas letras. Trátase dunha «homenaxe á cultura, a tradición e os costumes galegos a partir dunha escolma de pezas destacadas da nosa literatura que van desde o Medievo ata as letras de cancións contemporáneas», engadiron.