Son a Banda Municipal de Agolada, da Banda Escola de Música de Rianxo e da Banda de Música Xuvenil de Barro
13 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A partires das 17 horas, o pavillón polideportivo de Barro, acollerá a vixésimo cuarta edición do Festival de Bandas de Música de Barro. Trátase, segundo destacan dende o Concello, dun evento «que xa se consolidou na axenda cultural local» e que «promete ofrecer unha tarde repleta de boa música e talento, protagonizada por mozas que integran as agrupacións participantes», concretamente, da Banda Municipal de Agolada, da Banda Escola de Música de Rianxo e da Banda de Música Xuvenil de Barro, a anfitrioa do evento.
Pola súa banda, a presentación deste festival correrá a cargo de Ángela Aboy, veciña do propio Concello de Barro e presentadora do programa Vaia Troula da TVG.