Homenaxe en Bueu a Manuel Aldao e Manolo Purro

La Voz

BUEU

CAPOTILLO

18 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A veciñanza de Bueu, tras a ruada de Manxadoira polo centro da vila, participará na Gala O Ronsel de Manuel Aldao e Manolo Purro (Banda do Río, 11.30 horas), «un espectáculo homenaxe a estes dous veciños vinculados ao mar». Este acto é continuación do realizado o ano pasado en honor de Staffan Mörling e estará conducido por Xurxo Souto e contará coa música de Susana Seivane. Dende o Concello destacaron que esta iniciativa desenvólvese «grazas a un proxecto cofinanciado polo Galp Ría de Pontevedra que conlevará a edición de cadanseu catálogo fotográfico e vídeo adicados aos homenaxeados».

Nesta mesma xornada, o Mago Antón estacionará o seu camión no entorno do Pavillón de Beluso co seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. Pola pandemia e atendendo ás medidas sanitarias fronte ao coronavirus levaranse a cabo varias sesións, tanto pola mañá (12 e 13 horas) como pola tarde (17, 18, 19, 20, 21 e 22 horas).