17 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Con horario ininterrompido de 11 a 20 horas, o Concello de Bueu impulsa unha nova edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís ? As Lagoas. Constará dunha vintena de postos nos que estarán representados sectores de alimentación, artesanía, comercio xusto, saúde e benestar, queixos, meles, viños, pan, embutido ou horta.
Ademais, están programadas unha serie de actividades, de tal xeito que Higinio Mougan Bouzón, da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), impartirá unha charla ás 12 horas para, a continuación, celebrarse un concerto de Sr. Nisson. Pola tarde, obradoiros nos que nenos de 4 a 10 anos elaborarán faroliños con material natural e de refugallo.