Homenaxe en Bueu a Fita a Rucha como Bueuesa Senlleira

BUEU

Asociación Club Golfiños-Bueu

19 mar 2025 . Actualizado a las 14:51 h.

No marco do 8M, Día Internacional da Muller, o Centro Social do Mar de Bueu celebra este venres, ás 18 horas, a oitava Homenaxe Bueuesa Senlleira, que organiza a Asociación Club Golfiños-Bueu: «Celebramos o labor de Fita a Rucha, unha compoñedora que naceu na Banda do Río en 1931 e deixounos en 2023. Traballou, ademais, na fábrica de Massó e mesmo montou o bar O Mariñeiro».