Entrega en Bueu dos premios Johan Carballeira

BUEU

CONCELLO DE BUEU

18 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O sábado, ás 12 horas, Bueu organiza o acto de entrega dos Premios Johan Carballeira ao que asistirán Eugenio Outeiro Lojo, gañador na categoría de poesía coa obra Réquiem, e Cláudia Morán, que xunto con Manolo Broa, fixéronse co galardón na de xornalismo coa reportaxe Convivir co lume. O baleiro que arde: un territorio a mercé do lume, publicada orixinalmente no suplemento Sermos Galiza de Nós Diario.

Ademais, contarase coa actuación de Cintaadhesiva, un proxecto co fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada e os textos de Silvia Penas.