Este mércores, a partires das 19.30 horas, a Libraría Miranda organiza na sala multiusos do Centro Social do Mar de Bueu a presentación de Outono, a muller sen nome, de Paula Castro. No transcurso deste evento desenvolverase unha inclúe performance teatral.
Dende a organización destacaron o feito de que esta obra «transmite a ambivalencia que existe entre o amor e a dor que unha persoa pode experimentar no camiño da vida. O esforzo, o valor e a coraxe dunha nai que loita contra xigantes con brazos moi longos. Unha forza que xorde grazas ao amor do seu fillo».
De feito, o protagonismo recae nunha muller «que se enfronta á violencia de xénero pero tamén á violencia vicaria, xudicial e social, múltiples formas de opresión que intentan quebrar o seu espírito. Buscando desgastar a súa fortaleza, esta nai consegue mantense firme coma un carballo no medio da tempestade, transformando a dor nunha fonte de crecemento e renacemento da cal emerxe renovada. É un testemuño de resiliencia e esperanza, un canto á capacidade humana de encontrar a luz nos momentos máis escuros», engadiron.