No marco da vinte e cinco Festa Gastronómica do Lacón con Grelos, que empezou onte en Cuntis, este sábado (22 horas) o artista cordobés Antonio José ofrecerá un concerto na rúa Pedro Campos, nas inmediacións do pavillón. Cuntis, deste xeito, será unha das paradas do Tour El Pacto, a través do que Antonio José está a presentar en directo os temas do seu último traballo homónimo.
O propio goberno local confirmou a través de redes sociais a gratuidade do concerto.
Previamente, ás 18 horas está programada unha actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional e a súa Banda de Acordeóns de Cuntis, para, xa ás 19.15 horas, actuación do Grupo Folclórico Hai que Roelo. E, dende as 0.30 horas, festa Guatequelacón con música dos 60, 70 e 80 na carpa do Espadenal.
Hoxe • 22 horas • Inmediacións do pavillón municipal de Cuntis •