O Concello de Cuntis pechou a conta xeral do 2023 cun saldo de 688.926 euros

Alfredo López Penide
L. Penide CUNTIS / LA VOZ

CUNTIS

CONCELLO DE CUNTIS

O alcalde destaca que «a senda de mellora e de boa xestión que levamos a cabo desde o Goberno local está a dar os seus froitos»

20 jul 2024 . Actualizado a las 20:48 h.

O Concello de Cuntis pechou a conta xeral do 2023 cun saldo positivo que ascende a 688.926,47 euros. Así consta nos informes técnicos, que, segundo engadiron dende o goberno local, aborda a Comisión Informativa de Facenda, previo ao seu paso polo Pleno. Ademais, destacaron que o remanente de Tesourería do pasado exercicio ascendeu a 442.156,44 euros, incrementándose con respecto ao 2022.

Á vista destes datos, o alcalde Manuel Campos salientou que as cifras que recolle a Conta Xeral do 2023 «demostran ás claras que a senda de mellora e de boa xestión que levamos a cabo desde o Goberno local está a dar os seus froitos». Engadiu que «os informes técnicos corroboran que somos unha Administración fiable e eficiente na xestión dos recursos públicos. No que levamos de mandato fomos quen de mellorar a situación económica do Concello e todo isto sen renunciar a continuar garantindo e mellorando a prestación de servizos á veciñanza».