
08 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Como preámbulo da oitava Mostra Camelias e Mar, que se desenvolverá esta fin de semana no Museo Torres de María, os visitantes poderán gozar da arte pictórica de Rosa Crespo e Cristina Barreiro. «A primeira delas retrata coa súa técnica algunhas das camelias máis bonitas en distintos escenarios, mentres que a segunda uniu a súa paixón por esta flor e por Xapón para crear unha serie de bonecas Kokeshi engalanadas con camelias e outros elementos relacionados coa cultura e a natureza xaponesa», apuntaron dende o Concello.

A mostra de camelias inaugurarase as 13 horas deste sábado, para posteriormente permanecer aberta de 16.30 a 20 horas. E o domingo, de 11 a 14 e de 16.30 a 20 horas.