Despois da xornada de onte, este domingo rematará no Concello de Ponte Caldelas a súa Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos. Ao igual que na xornada do sábado, está previsto que hoxe se dean cita na praza de España desta localidade pontevedresa máis de trinta expositores de distintos ámbitos baixo unha gran carpa.
Ademais de postos de venda de produtos artesáns, haberá demostración de oficios tradicionais e desenvolveranse diversos sorteos.
Trátase dun evento onde a música tamén ten especial protagonismo, como pon de manifesto o feito de que se poderá gozar co bo facer do grupo de Os Xeitosos da Insua. Ademais, o máis pequenos, pero tamén os maiores, poderán desfrutar da actuación, a partires das 17 horas, de Galiclown Payasos de Hospital.