Algunhas das grandes firmas literarias danse cita en Sanxenxo este agosto

Alfredo López Penide
L. Penide SANXENXO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

xoan a. soler

Nomes como Jesús Cintora, Manuel Jabois o Manel Loureiro visitarán a capital turística das Rías Baixas

05 ago 2022 . Actualizado a las 18:55 h.

Pontevedra non é a única localidade da contorna que aposta forte polas actividades lúdicas e culturais durante o mes de agosto que agora comeza. Así, sen ir máis lonxe, Sanxenxo voltará ser un referente, xa non só como capital turística das Rías Baixas, senón tamén como capital literaria da man da Librería Nós e o seu Verán literario. A fin de contas, algunhas das principais firmas do momento daranse cita nesta vila para manter encontros cos seus lectores ou presentar as súas últimas obras, comezando este mesmo mércores, a partires das 20.30 horas, cando o Hotel Justo dea a benvida a Jesús Cintora, autor de No quieren que lo sepas.

 

I. VALERIO

Jabois e Loureiro

Ao día seguinte e xa na propia Librería Nós, mais no mesmo horario, Manuel Jabois presentará a súa última obra, Hay más cuernos en un buenas noches. O 9 de agosto, tocaralle a quenda a Francisco Narla e a súa Balvanera, mentres que o 16, pero ás 20 horas, estará o pontevedrés Manel Loureiro co thriller La ladrona de huesos, todo un éxito editorial. A esa mesma hora, pero o 18 de agosto, Viruca Yebra achegarase ata a Librería Nós con La última condesa nazi, así como vinte e catro horas máis tarde tomará o seu relevo no Hotel Justo a escritora Ledicia Costas coa súa novela Golpes de Luz.

O Verán literario rematará neste mesmo emprazamento o 23 de agosto coa presentación por parte de Fran Balado de El viaje de Feijoó.