Concerto solidario en Pontevedra da Orquestra Sinfónica

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Imagen de archivo de la Orquestra Sinfónica de Pontevedra
Imagen de archivo de la Orquestra Sinfónica de Pontevedra Ramón Leiro

A agrupación colabora, un ano máis, coa oenegé Manos Unidas

20 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra colabora, un ano máis, coa oenegé Manos Unidas no seu concerto solidario da man das seccións infantil, que estará baixo a dirección de Sergio Heredia, e xove, que contará coa dirección de Diego Lorente.

Dende a organización precisaron que as entradas/donativo de 8 euros pódense adquirir en Ataquilla.com, aínda que unha hora antes do inicio do concerto tamén se poderán mercar na billeteira do Pazo da Cultura. Tamén existe a posibilidade de compra fila cero —facer o donativo sen asistir ao evento— na propia web de Ataquilla.com.

A cita é este sábado a partires das 19 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.